Escoitar

Vigo traballa na organización do Entroido de 2026 coa selección dos espectáculos para a Porta do Sol

O Concello avanza na organización do Entroido de 2026, que terá lugar do 12 ao 22 de febreiro, coa aprobación das bases da convocatoria pública para seleccionar as propostas dos espectáculos artísticos que terán lugar na Porta do Sol, así como en distintos emprazamentos da cidade.

martes, 11 nov 2025

Abel Caballero anunciou este martes que o Concello abriu a convocatoria para elixir os espectáculos do Entroido de 2026. Deberán contar cunha duración mínima de 90 minutos, poderán ser tanto nacionais como internacionais e deberán atender á maior diversidade de público.

O alcalde destacou que, en paralelo ao comezo inminente do Nadal, o Concello iniciou tamén os preparativos do Entroido.” Isto require de moitos meses de antelación e estamos xa cos concertos de Castrelos do verán e co Nadal de 2026".

Descargar todas as imaxes