Vigo conmemora o 25N co programa contra a violencia machista "Rachemos as cadeas que nos oprimen"
O alcalde presentou hoxe, coa primeira tenente de alcalde, a concelleira de Igualdade e as integrantes do Consello Municipal da Muller, o programa de actividades organizadas para conmemorar o 25N, o “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”, que este ano ten por lema “Rachemos as cadeas que nos oprimen”. Caballero avanzou que Vigo despregará, desde mañá e ata o 28 de novembro, “as accións máis importantes” organizadas nas cidades galegas.
“Vigo é a cidade máis comprometida coa igualdade e na loita contra as violencias machistas”, afirmou este luns a primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, ao remarcar que as actividades que organiza o Concello de Vigo en favor da igualdade e en defensa dos dereitos das mulleres van máis aló do programa conmemorativo do 25N como queda en evidencia tanto nos orzamentos anuais, como nas actividades que desenvolve todo o ano con numerosos proxectos ou coa relación co movemento feminista da cidade. Animou á cidadanía para participar en todas as actividades e “a alzar a voz para romper coas cadeas que producen a violencia intolerable contra a metade do mundo, que somos as mulleres”.
A concelleira destacou que, por terceiro ano consecutivo, os actos para conmemorar o “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller” están centrados en denunciar a escravización e a explotación do corpo das mulleres, á vez que lembrou que o Goberno de España vai impulsar unha lei para abolir a prostitución. “O 92 por cento das mulleres prostituídas non son europeas, nin españolas”, sinalou Silva para denunciar que a prostitución se centra nas mulleres máis pobres.
A primeira tenente de Alcaldía destacou as “potentes” xornadas formativas sobre a cousificación das mulleres, organizadas para os días 17 e 18 de novembro, que leva por lema “A cousificacion e a mercantilización do corpo das mulleres”, destacando que se abordarán as novas “cadeas” como a actividade das redes sociais como a plataforma “only fans” e a pornografía infantil ao alcance dos menores.
Carmela Silva expresou a súa indignación pola desaparición do recursos contra a violencia machista dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para 2026. "fan unha programación que non ten nada que ver coa loita contra a violencia que padecemos as mulleres”. Así, puxo en valor que durante a súa presidencia "centramos o discurso, o debate, a actividade e o orzamento, en loitas contra as violencias tan dramáticas que sufrimos”.
O día 25 de novembro o Auditorio Mar de Vigo acollerá o programa "Enlaza Vigo contra a violencia de xénero", coa participación do alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP. A partir das 20.00 horas terá lugar a manifestación convocada pola Rede de Mulleres contra os Malos Tratos, desde ou cruzamento de Vía Norte a Urzáiz
Programa
. 12 Noviembre. 19.00 horas:. Auditorio Municipal Actuación musical a cargo de Xoana.
.13 Noviembre. 19.00 horas. Auditorio Municipal. Proyección del documental "El techo Amarillo" de Isabel Coixet.
. 17-18 Noviembre. 16.30/20.30. Sala Conferencias Afundación. Xornadas formativas "A cousificación e a mercantilización"
. 19 Noviembre. 19.00 horas. Auditorio Municipal. Representación de "Vitoria" por Iria Pinheiro.
. 20 Novembre. 19.00 horas. Auditorio Municipal. Proxección do filme "Soy Nevenka".
. 21 Novembre. 19.00 horas. Galería do Marco. Performance "Miña pequeña".
. 22 Novembre. 20.00 horas. Auditorio Municipal. Espectáculo teatral "Sophie non é o meu nome de guerra".
. 24. Novembre. 19.00 horas. Casa Galega da Cultura. Charla coloquio "Violencia de xénero, un problema de saúde".
. 25 Noviembre. 10.30/12.30 horas. Auditorio Mar de Vigo. Enlaza Vigo.
. 26 Noviembre. 19.00 horas. Auditorio Municipal. Espectáculo "Mi abuela se llama Carmen"
. 27 Noviembre, 19.00 horas. Auditorio Municipa. Proxección do filme "Evelyn"
. 28 Noviembre. 20.00 horas. Teatro Salesianos. Concerto de Sés.