O Concello inicia o desenvolvemento do Plan Especial do Ensanche
A Xerencia de Urbanismo iniciará o próximo martes a tramitación do Plan Especial do Ensanche o que permitirá abordar a planificación urbanística para a protección e rehabilitación do ámbito. Nesa mesma reunión, licitarase a construción de 27 vivendas protexidas en Tomás Alonso.
O goberno local comezará o desenvolvemento do Plan Especial de protección do Ensanche o que permitirá facer unha ordenación pormenorizada do ámbito, así como a protección dos inmobles e conxuntos arquitectónicos que o requiran polos seus especiais valores. Seguindo as determinacións do PXOM, a Xerencia de Xerencia de Urbanismo do martes que vén iniciará unha actuación que permitirá abordar a planificación urbanística para a protección e rehabilitación da zona
Vivendas Tomás Alonso
Caballero anunciou que o Concello licitará a semana que vén a obra para construír 27 vivendas sometidas a algún tipo de protección nunha parcela municipal na zona de Tomás Alonso. Este edificio, de 9 plantas, aparcamentos e rochos, será o primeiro que xestionará a Empresa Municipal de Vivenda.
Garita
O goberno municipal tamén arrancará co Plan Especial de Reforma Interior do ámbito Camiño á Garita (detrás da pista de automodelismo de Samil). Nunha superficie de case 16.000 m2, está previsto construír vivendas unifamiliares das que o 30% estará reservada para vivenda protexida. Tal e como explicou Caballero, neste ámbito establécese a cesión de 1.000 m2 para equipamento e case 6.000 m2 para zonas verdes e espazos públicos.