luns, 3 nov 2025
O alcalde adquire o compromiso co Consello da Cultura Galega de ceder este espazo para a celebración do recital na cidade natal de Begoña Caamaño, xornalista e escritora homenaxeada este ano.
luns, 3 nov 2025
O alcalde deu conta da concesión de licenza para a construción dun edificio de 5 vivendas no Casco Vello. A Xerencia de Urbanismo outorgou ao Consorcio a autorización para a reforma de catro edificios situados nos números 8, 10, 12 e 14 da rúa Alta. O orzamento de execución é de 971.320 euros.
luns, 3 nov 2025
O alcalde reiterou hoxe a súa proposta de dotar á Universidade de Vigo con Medicina fronte ao novo rexeitamento feito público esta fin de semana polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao asegurar que “o mellor que lle pode pasar a Galicia é manter unha única facultade con docencia descentralizada“ e volver dicir “non” á demanda da cidade. “Vigo é a maior cidade de España sen facultade de Medicina”, afirmou.
luns, 3 nov 2025
O Concello instará por carta ao ente autonómico e ao provincial a habilitar nos seus orzamentos de 2026 senllas partidas de 1,5 millóns de euros para financiar un terzo da obra que “custará entre 3 e 5 millóns de euros”. Caballero recriminou “toda a obra que fixemos en Balaídos pagouna o Concello e a Deputación. A Xunta nada”.