venres, 7 novembro 2025

O Nadal de Vigo volve invadir New York

venres, 7 nov 2025

O rexedor amosou os primeiros mupis instalados na emblemática rúa Broadway. Tamén informou da instalación de “15 grandes pantallas ao longo e ao ancho da cidade para mellorar a rede de sinalización e a comunicación coa cidade”.

O alcalde valora o traballo do sector de protección contra incendios

venres, 7 nov 2025

Abel Caballero saudou este venres aos profesionais, expertos e representantes da Asociación Española de empresas instaladoras e mantenedoras de equipos e sistemas de protección contra incendios, que celebraron na cidade unha xornada técnica sobre normativa e seguridade. Trasladoulles a importancia do seu traballo, algo que, tal e como apuntou o rexedor, a cidade viu de forma clara nos incendios sufridos no ano 2017, e salientou o labor que desenvolven os bombeiros da cidade, amais de convidar a tódalas persoas asistentes, procedentes de diferentes puntos de España, a visitar a cidade.