Escoitar

O Nadal de Vigo volve invadir New York

O rexedor amosou os primeiros mupis instalados na emblemática rúa Broadway. Tamén informou da instalación de “15 grandes pantallas ao longo e ao ancho da cidade para mellorar a rede de sinalización e a comunicación coa cidade”.

venres, 7 nov 2025

A campaña de mupis da cidade, que este ano ten como eslogan “Nadal de Vigo, único no mundo”,  prevé a instalación de 820 mupis en España, Portugal, Italia, Francia, Xapón e Estados Unidos. En España colocaránse 629 en 35 cidades” nas que destacan Madrid con 100;  Málaga, con 93; en Bilbao, con 37; en Sevilla, con 34; Barcelona, con  21; Zaragoza, con 20; na Coruña, con 18 e Oviedo, Gijón, Valladolid, Valencia e Santander que contarán con 10 cada unha.

A nivel europeo, “imos poñer en Portugal 142, en Porto, en Braga, en Coimbra, en Viana, en Guimarães e en Aveiro. Ademais de 15 en París e 10 en Roma”. Caballero explicou que “volvemos estar en New York”, indicando que o ano pasado “puxémolo na Quinta Avenida e este ano, ademais levamos a promoción a Broadway”. Como novidade, esta vez o Nadal vai estar por primeira vez en Xapón, na cidade de Kagasaki, con 14 mupis.

Instalación mupis dixitais na cidade

Abel Caballero informou tamén da instalación de “15 grandes pantallas ao longo e ao ancho da cidade para mellorar a rede de sinalización e a comunicación coa cidade”. Da totalidade, 12 son en formato tótem táctil nas dúas caras e outros 3 son un monoposte en altura. Como sinalou “é un novo sistema de sinalización da cidade, de comunicación e de transmisión interactiva para a veciñanza e para todos os nosos visitantes”.

 

Descargar todas as imaxes