martes, 4 novembro 2025

Vigo acenderá o Nadal o sábado 15 de novembro

Abel Caballero anunciou a data que ata agora “era o segredo mellor gardado e cobizado do planeta”. O sábado 15 de novembro Vigo acenderá o Nadal “en todo o mundo” desde a árbore de Porta do Sol. O alcalde invitou a toda a cidadanía a achegarse ata Vigo para gozar de todo o tempo que dure o Nadal. Case 12 millóns de luces led alumearán 460 rúas da cidade, que sumará novos espazos cos mercados de Nadal da praza de Vialia e Bouzas.

O TSXG exime ao Concello de pagar máis de 1,5 millóns de euros á promotora do concerto de Gun N' Roses

martes, 4 nov 2025

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) revogou a sentenza que condenou ao Concello de Vigo a pagarlle á promotora Sweet Nocturna 1.563.000 euros -máis IVE e intereses- polo concerto que Guns N' Roses ofreceu no estadio municipal de Balaídos en xuño de 2023. Desta forma, estimou o recurso de apelación interposto polo Concello contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Vigo.