Caballero apoia a homologación universitaria dos Técnicos Sanitarios Superiores
O alcalde respaldou esta mañá a reclamación dos Técnicos Sanitarios Superiores para que se lles recoñeza os seus estudos como grado universitario. Tamén reiterou o seu apoio aos radiólogos en folga porque reclaman un profesional máis por quenda.
Abel Caballero manifestou esta mañá o seu apoio aos Técnicos Sanitarios Superiores na súa reclamación para homologar a súa titulación a nivel universitario, unha demanda histórica que “ten que ser atendida polo Ministerio de Sanidade”. O colectivo pide a implantación do grupo B na función pública e que se lles recoñeza como profesión titulada e regulada.
Seguindo con demandas do sector sanitario, o alcalde avanzou a súa intención de asistir á concentración convocada polo Servizo de Radioloxía do Chuvi, convocada ás 18,00 h diante do MARCO. A folga dos radiólogos da área sanitaria de Vigo, reclama un terceiro radiólogo de garda para poder proporcionar unha atención segura e de calidade. Na súa intervención, Caballero afeou á Xunta a súa falta de atención á sanidade en Vigo.