O Concello incorpora máis de 330.000 euros anuais de fondos europeos ao contrato de limpeza
O alcalde informou que se investirá nunha actuación pioneira na recollida de cabichas no casco histórico de Bouzas. O investimento tamén está dedicado á adquisición de 3 novos camións de recollida de residuos orgánicos e 17 novos puntos limpos móbiles.
O goberno local aprobou incorporar máis de 330.000 euros ao ano procedentes de fondos europeos ao contrato municipal de limpeza, un reforzo que permitirá continuar avanzando na mellora da xestión de residuos no casco histórico de Bouzas e os residuos urbanos en toda a cidade.
Segundo informou Abel Caballero, porase en marcha un plan específico para Bouzas, no marco do Plan de Sostibilidade Turística do casco histórico, en colaboración co sector hostaleiro, que incluirá varias actuacións pioneiras:
- Implantación dun sistema innovador de recollida de cabichas, tanto na vía pública como nos locais, con 55 cinceiros especiais.
- Reparto de 70 cubos marróns para a separación da materia orgánica.
Instalación de 20 papeleiras bicompartimentadas nas rúas, con espazos diferenciados para residuos xerais e orgánicos. - Dotación do casco histórico con 25 novos contedores móbiles, que se colocarán e retirarán a diario para manter a estética urbana, facilitando aos establecementos hostaleiros o depósito da materia orgánica.
Amais, o Concello adquirirá tres novos camións, dous deles totalmente eléctricos, para mellorar o servizo de recollida do residuo orgánico. Tamén se implantarán 17 novos puntos móbiles con ata 40 cambios de localización ao no para achegar o servizo a todos os barrios e parroquias. O alcalde debullou novas actuacións e campañas como:
- Entrega de 2.500 novos composteiros domésticos.
- Campaña específica para incrementar a recollida de roupa e calzado no contedor branco.
- Reparto de 3.000 funís e 350 bidóns destinados á recollida de aceite de cociña usado en vivendas e comunidades veciñais.