Escoitar

O TSXG exime ao Concello de pagar máis de 1,5 millóns de euros á promotora do concerto de Gun N' Roses

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) revogou a sentenza que condenou ao Concello de Vigo a pagarlle á promotora Sweet Nocturna 1.563.000 euros -máis IVE e intereses- polo concerto que Guns N' Roses ofreceu no estadio municipal de Balaídos en xuño de 2023. Desta forma, estimou o recurso de apelación interposto polo Concello contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Vigo.

martes, 4 nov 2025

A Sala conclúe que o acordo que inadmitiu como licitadora á promotora no expediente de interese “foi motivado (non arbitrario) e axustado aos pregos, consentidos pola empresa ao presentar a súa oferta”. Os maxistrados da sección terceira da Sala do contencioso-administrativo do TSXG declararon, por tanto, conforme a dereito o acordo que declarou deserto o procedemento de licitación.

Descargar todas as imaxes