Escoitar

O Concello avanza na humanización de 372 rúas en toda a cidade

Abel Caballero deu conta este venres da contratación da redacción dos proxectos de execución das obras en distintas vías do centro e dos barrios: “a maior tanda de humanizacións que se fixo nunca na historia da cidade”.

venres, 7 nov 2025

O rexedor puxo en valor o Plan extraordinario de humanizacións en 372 rúas de barrios, parroquias e centro, que supoñerá un investimento de 26,5 millóns de euros. “É a maior tanda de humanizacións, reformas e melloras de rúas que se fixo nunca na historia da cidade, máis de 370 rúas á vez”, destacou.

A Xunta de Goberno Local adxudicou este venres a dúas empresas a contratación da redacción dos proxectos de execución das obras en distintas vías do centro urbano e das parroquias. Serán 14 vías en Matamá, 21 en Beade, 37 en Lavadores, 17 en Castrelos, 34 en Cabral, 11 en Bembrive, 82 no centro, 31 en Teis, 28 en Valadares, 5 en Sampaio, 17 en Comesaña, 16 en Coruxo, 4 en Zamáns, 7 en Sárdoma, 11 en Oia, 4 en Navia, 2 na Salgueira, 12 en Alcabre, 15 en Candeán e 7 en Saiáns.

Ademais o Goberno municipal ten iniciada a primeira fase das obras en Cabral, Lavadores, Zamáns, Teis, Valladares, Matamá, San Xoán, Alcabre e centro cidade.

Descargar todas as imaxes