Caballero anuncia que as obras no campo de Samil comezarán nun mes
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a contratación das obras da nova cuberta da bancada do campo de fútbol do complexo polideportivo de Samil e o proxecto para renovar o céspede. O alcalde explicou que as dúas obras conlevan un investimento de 721.000 euros.
O alcalde avanzou este venres os acordos aprobados polo goberno municipal para contratar as obras da nova cuberta do estadio de fútbol de Samil por 131.000 euros e o proxecto de renovación do céspede artificial do campo por 590.000 euros.
O proxecto contempla a corrección do afundimento próximo á desembocadura do río Lagares, segundo lembrou Abel Caballero ao detallar que as obras da instalación da nova cuberta da bancada comezarán dentro dun mes.
O campo de fútbol tamén contará cun novo terreo de xogo coa instalación de céspede artificial de última xeración, así como coas redes de servizo totalmente renovadas e a instalación dun circuíto de reutilización de rega . “Unha forma de entender o fútbol no campo de Samil con todo renovado”, recalcou o rexedor.