venres, 31 out 2025
Abel Caballero asistiu á inauguración da nova sede de Down Vigo no Casco Vello: "Hoxe é un día grande para a inclusión, polas cousas que parecen imposibles e ao final se consiguen co traballo e a unión. Abrimos unha porta inmensa na rúa Real e unha forma de entender a sociedade", declarou. No acto participou tamén o delegado do Estado da Zona Franca, David Regades, que foi quen promoveu a cesión a Down Vigo deste edificio e a súa rehabilitación, que supuxo un investimento de 1,4 millóns de euros. Os tres andares do inmoble, que suman 1.100 metros cadrados, acollen un salón de actos para 60 persoas, así como unha biblioteca e unha cafetería para dar servizo ás máis de 200 familias asociadas. As autoridades percorreron o edificio da man dos membros de Down Vigo e as súas familias e valoraron as novas instalacións.
venres, 31 out 2025
Caballero deu conta da aprobación dos proxectos para humanizar as rúas Doutor Carracido e Mondariz, así como a licitación do aparcadoiro de Manuel Cominges, en Matamá. As tres intervencións conlevan un investimento de 4.744.318 euros.
venres, 31 out 2025
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a contratación das obras da nova cuberta da bancada do campo de fútbol do complexo polideportivo de Samil e o proxecto para renovar o céspede. O alcalde explicou que as dúas obras conlevan un investimento de 721.000 euros.
venres, 31 out 2025
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres á adquisición desta obra de Laxeiro para incorporala á exposición permanente de arte galega do Concello.
venres, 31 out 2025
Unha intervención artística de Mercedes Lence tingue o emblemático monumento coas cores de Palestina como símbolo do compromiso de Vigo. Trátase do peche artístico e solidario do programa “Gaza. Entre o horror e a esperanza”.