Escoitar

A rúa do Príncipe acolle a mostra "Un pobo en chamas" dos fotoperiodistas Álex Zapico e Sandra Barrilaro

A rúa do Príncipe acolle a mirada de dous fotoxornalistas, Alex Zapico e Sandra Barrilaro, sobre a realidade de Gaza e Palestina coa exposición “Un pobo en chamas”, enmarcada nas xornadas sobre Palestina “Gaza. Entre o horror e a esperanza”, organizadas pola ONG “Hoxe por ti” coa colaboración do Concello de Vigo. A mostra, que permanecerá ata ou 10 de novembro, foi presentada este xoves polo alcalde.

xoves, 30 out 2025

Abel Caballero destacou hoxe, na presentación da mostra coas fotografías dos fotoperiodistas e activistas polos dereitos humanos, Sandra Barrilaro e Alex Zapico, a iniciativa organizada pola ONG "Hoy por tí"  para xerar a reflexión da ciudanía a reflexionar sobre a situación do conflito.

O alcalde puxo en valor o traballo dos fotoxornalistas, a quen cualificou como “dous profesionais extraordinarias” porque “grazas a vós sabemos o que pasa alí e coñecemos o risco da vosa profesión”.

Sobre a mostra na rúa do Príncipe, apuntou Caballero que as imaxes “trazan o horror, inconcebible, espantoso; un horror que queremos que se transforme en esperanza desde o recoñecemento do que está pasando” e avanzou que o Concello seguirá apoiando as xornadas organizadas pola ONG “Hoy por ti” considerando que a loita do Estado Palestino “vai ser longa”.

Xornadas

As xornadas concluirán mañá venres 31 co final do ciclo de cinema “Palestina en pantalla” que ten lugar no Auditorio Mar de Vigo, con documentais e películas que abordan a situación desde as perspectivas social e humana. O domingo 1 de novembro a Porta do Sol acolle o concerto “Música e palabras para Gaza” coas actuacións de “Fillas de Casandra”, As Darbukas Dacolá, Ari Magritte, Pablo Vila, Eladio Santos, Krunch e o Puto Coke Caixo.

 

 

 

Descargar todas as imaxes