Escoitar

O orzamento municipal de Medio Ambiente ascende a 19,3 millóns de euros en 2026

O alcalde detallou este xoves as partidas dedicadas á área medioambiental, a parques e xardíns para o próximo ano, que experimentan un ascenso de case un 11% respecto a 2025

xoves, 30 out 2025
Imaxe de arquivo de VigoNature
Imaxe de arquivo de VigoNature

“Un orzamento extraordinario para o ámbito medioambiental que é tan importante na cidade de Vigo”, explicou o rexedor ao informar dos 19.343.000 euros que o Concello dedica no Orzamento de 2026 a Medio Ambiente, “case un 11% máis; unha suba de case dous millóns de euros respecto ao ano pasado”.

Tal e como apuntou, a partida máis importante desta área é a dedicada ao mantemento e melloras de xardíns, zonas verdes, parques infantís e biosaudables, que suman 12.700.000 euros. “Estamos creando novos parques, máis zonas verdes coas humanizacións e parques infantís e isto precisa cada vez máis atención polo que imos crear 50 postos de traballo en parques e xardíns para ofrecer un mellor servizo”, sinalou Caballero.

Outras partidas:

- Mantemento xardíns Praza Vialia: 148.000€

- Parque infantil O Berbés: 560.000€ (1ª anualidade)

- Parque Finca Matías: 15.000 (1ª anualidade)

- Praza Fernando Elorrieta: 10.000€

- Parques infantís e biosaudables: 600.000€

- Desbroce e limpeza de masa vexetal: 200.000€

- Adquisición árbores e arbustos: 80.000€

- Recuperación e mellora de zonas verdes: 100.000€

- Mobiliario urbano: 90.000€

- Melloras en instalacións deportivas dos parques: 80.000€

Ademais, o alcalde deu conta das partidas relacionadas coas praias: o mantemento das 45 que ten o Concello supón un investimento de 997.015€ e o servizo de vixilancia, socorrismo e seguridade en praias 13 praias son 810.015 euros anuais (Rodas, Fortiñón, Canido, Ou Vao, Fontaíña, Samil, Argazada, A Fonte -Tombo do Gato-, Santa Baia, Carril, O Adro, A Punta e O Mende. Amais, os presupostos de 2025 recollen as obras de accesibilidade á Praia da Punta, que vai reformarse cunha dedicación de 40.000 euros.

A área de Medio Ambiente suma outras partidas destacadas:

- Prestación servizos protectora de animais: 708.538€

- VigoNature: 689.000€

- Construción parques caninos: 120.000€ (Barreiro)

- Programa Camiño a Camiño: 88.816€

- Limpeza río Lagares: 50.000€ (sobe 30.000€)

- Mantemento hortas ambientais: 51.000€

- Retirada gaivotas: 18.000€

- Plan acción ruído: 25.000€

- Mantemento cemiterios: 362.179€

- Limpeza finca: 40.000€

- Pragas: 222.000€

- Analíticas laboratorio: 222.000€

Descargar todas as imaxes