Escoitar

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O alcalde anunciou a decisión do padroado da Fundación Laxeiro, que decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa An Alfaya.

luns, 10 nov 2025

Abel Caballero destacou a traxectoria de Alfaya no ámbito da literatura infantil, xuvenil e adulta. Así, puxo en valor que as súas obras, escritas en galego, foron traducidas a multitude de idiomas como o castelán, o catalán e o inglés. Tamén se referiu á participación de Alfaya na fundación do Teatro Avento de Vigo. Recibirá o premio no mes de febreiro.

"As nosas felicitacións a An Alfaya, unha escritora certamente sensacional", concluíu.

Descargar todas as imaxes