mércores, 12 novembro 2025

Caballero: "A protección establecida polo Concello na Alameda é exactamente a mesma que se fose un BIC”.

mércores, 12 nov 2025

O alcalde afirmou hoxe que o Concello afronta a conservación do xardín da Praza de Compostela, catalogado con protección ambiental na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e amparado polo novo Plan Xeral de Ordenación Municipal que foi validado pola Xunta, co mesmo nivel de esixencia de mantemento que un Ben de Interese Cultural. “A protección e as cautelas establecidas polo Concello nestes xardíns son exactamente as mesmas que se fose un BIC”, incidiu.

Vigo alcanza o maior número de habitantes da historia con 304.002

mércores, 12 nov 2025

Abel Caballero explicou esta mañá que "a día de hoxe, o padrón da cidade de Vigo acaba de superar os 304.000 habitantes", en concreto son 304.002. "É unha moi boa noticia" ao ser unha mostra de que "a cidade está a atraer xente e agora coa acción que imos facer en vivenda, moita máis". Finalizou destacando que se trata "do maior número de habitantes nun padrón que tivo nunca na historia Vigo".

O rexedor valora o Global Summit como encontro para "ordenar o pensamento do futuro"

mércores, 12 nov 2025

Abel Caballero participou este mércores na inauguración do II Vigo Global Summit 2025, que organiza Zona Franca, xunto ao Delegado Especial, David Regades, e a Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca. Caballero puxo en valor a capacidade económica, produtiva e industrial de Vigo "que compite nas industriais máis potentes do mundo" e "está no local e tamén no global" e sinalou que o congreso "volver ser un referente" convertido nun espazo de reflexión que serve para parar a "ordenar o pensamento do futuro".