O alumnado de primeiro de secundaria do IES Santa Irene participa no programa didáctico "Visita o teu concello"
O alcalde explicou este martes aos 37 alumnos de primeiro de Secundaria do IES Santa Irene, que participan no programa didáctico municipal "Visita ou teu Concello", o sistema de funcionamento do Concello para garantir que a cidadanía conte con servizos como o abastecemento da auga ou as axudas aos colectivos que as necesitan. Animoulles a interesarse pola información que reciben no percorrido das dependencias municipais por parte dos técnicos.