O Concello demanda á Xunta que asuma "inmediatamente" os 12 euros por hora que achega para axuda no fogar
Abel Caballero reclama á Xunta que asuma “inmediatamente” os 12 euros que achega o Concello por cada hora de atención que presta a través do Servizo de Axuda no Fogar, dado que se trata dunha competencia da administración galega.
O alcalde, tras explicar hoxe que dos 24 euros do custo por hora de atención do Servizo de Axuda no Hogar, o Concello de Vigo achega 12 euros; o Goberno de España 7 e a Xunta de Galicia 5, demandou á administración galega que financie o cento por cento. “Que pague e custee as súas competencias”, recalcou.
Caballero esixiu que a Xunta se faga cargo “xa” dos 12 euros que achega o Concello, así como do custo retroactivo do ano pasado. “Esixímolo porque é a súa obriga e, polo tanto, ten que pagar o que paga o Concello porque non é a nosa función”, remarcou.
O Concello comprométese a seguir prestando o servizo, que na actualidade conta con 1.600 usuarios, “porque coñecemos á xente que ten a axuda” incidindo en que o ten que pagar o Goberno de España e a Xunta” nunha proporción para determinar polas dúas administracións.