Escoitar

VigoSónico acolle o segundo encontro de K-Pop

O alcalde anunciou que a mocidade encheu as 40 prazas para o evento K-Pop, un fenómeno musical e cultural de Corea do Sur.

xoves, 13 nov 2025

O Concello organiza este sábado en VigoSónico o segundo Encontro K-Pop, unha cita dirixida á mocidade afeccionada a este fenómeno musical e cultural que xa transcendeu fronteiras e converteu a Corea do Sur nunha potencia mundial das industrias culturais e creativas.

O evento contará con 40 prazas, que xa están completas, e desenvolverase ao longo da xornada con obradoiros, manualidades, exhibicións coreográficas e sesións de “random dance”, entre outras actividades.

O alcalde destacou que “queremos que Vigo se incorpore a esta tendencia porque hai moita xente nova que quere participar e formar parte desta cultura, non só na maneira de cantar e actuar, senón tamén no seu xeito de vivir”.

A participación é de balde, aínda que as inscricións xa se atopan pechadas debido á alta demanda.

Descargar todas as imaxes