A cidade estrea a remodelada praza do Paseo de Alfonso
Abel Caballero visitou esta mañá a apertura da nova praza do Paseo de Alfonso. Explicou que "está xusto detrás da fonte que hai en fronte á oliveira e é unha zona que ata agora estaba bastante maltreita", polo que "no encontro do Paseo de Alfonso coas escaleiras que suben cara ao Concello, reformamos toda a fachada; acondicionamos a zona e, polo tanto, onde había antes uns locais bastante deteriorados, agora convertémolo nunha zona de ámbito cidadán".