Serafín Avendaño contará cunha rampla mecánica antes de finais de 2026
O alcalde visitou o inicio das obras de humanización de Serafín Avendaño que rematarán nun ano coa instalación dunha rampla mecánica de 30 metros. O orzamento é de 1,7 millóns e prevé a renovación da pavimentación, redes e mobiliario urbano.
O rexedor achegouse esta mañá ao acto de colocación da primeira pedra da humanización da rúa Serafín Avendaño, que contempla a construción dunha nova rampla mecánica, cunha lonxitude de 30 metros. As obras superarán o 1,7 millóns e o prazo de execución estimado é de 12 meses. O proxecto prevé a pavimentación en plataforma única, nova iluminación led, renovación de semáforos e balizas luminosas no chan; renovación das redes de saneamento e abastecemento e novo mobiliario urbano.
Esta actuación, indicou Caballero, implementa un novo corredor que vai, practicamente desde a zona do Areal, Rosalía de Castro, García Barbón, onde arranca o a rampla e conecta co HALO, e enlaza con Escultor Gregorio Fernández, a nova rampla en San Salvador para achegarse ata o ascensor que sube ata Pizarro e alí coller o ascensor ou a escaleira mecánica ata o Barrio de Ribadavia.
Na súa intervención, referiuse á rúa Callao propiedade de Adif e que o Concello adquiriu hai un tempo. A previsión é humanizar tamén esa rúa ata conectar con Isaac Peral porque é unha zona moi “deteriorada”.
Miragaia
O próximo martes 18, o Concello aceptará formalmente facerse cargo da conservación das zonas verdes dun ámbito situado en Rosalía de Castro, na prolongación de Rosalía de Castro ata García Barbón e rúa Miragaia. É unha zona de libre edificación na que está situada a escultura dos Olímpicos.