Escoitar

O Concello desprega a pancarta do 25N, que denuncia a escravización e explotación das mulleres

A fachada principal do Concello mostra desde hoxe a pancarta xigante coa mensaxe central do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres: "Rachemos as cadeas que nos oprimen". A despregadura da lona contou coa presenza do alcalde e das concelleiras do Goberno de Vigo, así como das compoñentes do Consello Municipal da Muller. Durante o mes de novembro o Concello desenvolve un extenso programa de actividades culturais e de reflexión, que concluirán o día 28 de novembro.

venres, 14 nov 2025

A primeira tenente de alcaldía, Carmela Silva, destaca que por tercer ano consecutivo a temática das xornadas céntrase na denuncia da escravización e explotación do corpo das mulleres.

O alcalde avanzou, na presentación do programa, que Vigo despregará, ata o 28 de novembro, “as accións máis importantes” organizadas nas cidades galegas.

Programa

. 12 novembro. 19.00 horas:. Auditorio Municipal Actuación musical a cargo de Xoana.

.13 novembro. 19.00 horas. Auditorio Municipal. Proyección del documental "El techo Amarillo" de Isabel Coixet.

. 17-18 novembro. 16.30/20.30. Sala Conferencias Afundación. Xornadas formativas "A cousificación e a mercantilización"

. 19  novembro. 19.00 horas. Auditorio Municipal. Representación de "Vitoria" por Iria Pinheiro.

. 20 novembro. 19.00 horas.  Auditorio Municipal. Proxección do filme "Soy Nevenka".

. 21 novembro. 19.00 horas. Galería do Marco. Performance "Miña pequeña".

. 22 novembro. 20.00 horas. Auditorio Municipal. Espectáculo teatral "Sophie non é o meu nome de guerra".

. 24 novembro. 19.00 horas. Casa Galega da Cultura. Charla coloquio "Violencia de xénero, un problema de saúde".

. 25 novembro. 10.30/12.30 horas. Auditorio Mar de Vigo. Enlaza Vigo. 

. 26 novembro. 19.00 horas. Auditorio Municipal. Espectáculo "Mi abuela se llama Carmen"

. 27 novembro, 19.00 horas. Auditorio Municipa. Proxección do filme "Evelyn"

. 28 novembro. 20.00 horas. Teatro Salesianos. Concerto de Sés. 

Descargar todas as imaxes