mércores, 19 novembro 2025

As fontes de Aragón, de laranxa pola EPOC

mércores, 19 nov 2025

O Concello súmase á conmemoración do Día Mundial da Enfermidade Pulmonar Obstrutiva, EPOC, iluminando de laranxa as fontes da rúa Aragón. A EPOC abrangue unha serie de padecementos que, en conxunto, limitan en gran medida o fluxo de aire aos pulmóns e que inclúe, entre outras enfermidades: a bronquite crónica, o enfisema, a disnea, a produción de esputo e a tos do fumador. Trátase dunha enfermidade potencialmente mortal que, de non tratarse a tempo, conduce de forma progresiva á morte.