O Concello realiza “melloras significativas” nas pistas de atletismo de Balaídos
Abel Caballero explicou que os traballos comezaron o luns e prolongaranse ata o día 23 de novembro.
Dende o pasado luns o Concello de Vigo realiza traballos de reparación nas pistas de atletismo de Balaídos, que como indicou o rexedor trátase dunhas “melloras significativas”. Os traballos contan cunha inversión de 47.000 euros, e prolongaranse ata o día 23 de novembro.
Abel Caballero explicou que “estamos a reparar as zonas afectadas e un pouco danadas na recta principal”, unha extensión de 50 metros de longo. Tamén se están repoñendo 16 m² de liña de meta e os corredores de lonxitude e pértega, ademais de reparar algunhas zonas puntuais da curva dos 200 metros. Finalmente realizarase, o pintado de todas as liñas da pista e repintar de vermello a superficie restante.