O Goberno local activa o "Plan de Compostaxe Escolar" coa instalación de novos composteiros en 10 centros educativos
Os colexios Frián-Teis e Carrasqueira serán os primeiros centros educativos de Vigo en instalar os novos dispositivos para tratar materia orgánica no “Plan de Compostaxe Escolar”, activado polo Concello e FCC.
O Concello facilitará a dez colexios de Vigo os novos composteiros dinámicos do pioneiro “Plan de Compostaxe Escolar”, deseñados prara tratar o maior volume de materia orgánica, así como un programa de formación e acompañamento aos escolares para que aprendan a reciclar.
Os equipos instalaranse nos centros que xeran un maior volume de materia orgánica por dispoñer de comedor e de horta. A listaxe de centros que participan no “Plan de Compostaxe Escolar” complétase cos CEIPs Carballal-Carrasqueira, Santa Cristina, O Pombal, Lope de Vega, así como os CPRs Andersen e Maristas e o IES Beade.
Na actualidade máis de 3.000 familias que residen no rural producen o seu propio abono natural a partir dos biorresiduos.
Os vigueses que residen nunha vivenda que conte cunha parcela ou horta cun mínimo de 25 metros cadrados poden solicitar un composteiro, de modo totalmente gratuíto.