Vigo recibe o premio á “Mellor iluminación de Nadal de España”
Abel Caballero recibiu o premio de Holidayguru “que recoñece o esforzo do Concello e de toda a cidadanía por promover unha celebración que impulsa o turismo, dinamiza a economía local e reforza o sentimento de comunidade a través dunha experiencia visual única e emblemática”.
Vigo encabeza unha nova clasificación por ter o mellor alumeado de Nadal de España. A web experta en viaxes Holidayguru anunciou que Vigo encabeza o podio e o seu responsable de comunicación, Alberto Coves, achegouse á cidade para entregarlle en man o premio ao alcalde. Despois de Vigo, o portal valora a iluminación de Madrid, Barcelona, Málaga, Badalona, Puente Genil e Valencia.
Abel Caballero puxo en valor o galardón por ser un portal turístico con moitísima importancia con máis de 15 millóns de visitas ao ano e presencia en 5 países. “De longo o Nadal de Vigo é a número 1”, afirmou.