Escoitar

A obra da Avenida de Madrid inclúe o cambio do colector que provocou unha fochanca na calzada

O rexedor subliñou que o suceso non está relacionado coa obra en marcha, senón que se debeu a “unha carga forte que provocou a súa rotura”. A obra de reposición do firme estará rematada ao longo do martes.

luns, 17 nov 2025

Caballero explicou que este colector databa dos anos 60, da construción orixinal da avenida, e presentaba unha evidente deterioración. Precisamente por esa razón, dentro do proxecto actual, xa estaba prevista a súa renovación e ampliación.

“O ocorrido pon de relevo a importancia da obra que estamos facendo”, afirmou o alcalde, quen subliñou que a intervención na avenida de Madrid non só transforma o seu aspecto exterior, senón tamén toda a infraestrutura soterrada. “Non só cambiamos a forma do tráfico, a circulación, o asfalto ou a decoración: tamén renovamos colectores, saneamento, abastecemento, pluviais… absolutamente todo o que hai debaixo das humanizacións”, indicou.

As obras de reposición do asfaltado estarán rematadas ao longo do martes.

Descargar todas as imaxes