Escoitar

O alcalde felicita a atlanTTic polos seus 15 anos de traxectoria

Abel Caballero achegouse este xoves ao acto de celebración do 15 aniversario do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación – atlanTTic - da Universidade de Vigo, un dos dez centros que integran a Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (Rede CIGUS) e centro líder da Universidade de Vigo en captación de fondos. O rexedor puxo en valor o seu traballo e a calidade e importancia das súas investigacións así como a súa capacidade para obter fondos do Goberno de España, destacando a futura construción da fábrica de chips fotónicos - Sparc- na cidade.

xoves, 20 nov 2025
Descargar todas as imaxes