Escoitar

O Goberno local rehabilitará as portas de acceso ao Castro

O alcalde explicou que se investirán 40.000 euros para solucionar os signos de deterioración provocados polas condicións meteorolóxicas.

xoves, 20 nov 2025

“Queremos que a fortaleza, as murallas, as portas e todas as instalacións estean en perfecto estado”, manifestou o rexedor. Por iso, o Concello investirá 40.000 euros nas portas de acceso ao Castro para solucionar os signos de deterioración provocados polo paso do tempo e as condicións meteorolóxicas.

Caballero explicou que se repararán in situ coa consolidación ou substitución de aperturas e enxertos de madeira para eliminar as zonas das portas en mal estado, así como nova protección contra os xilófagos.

“Mantemos o Castro de xeito permanente, concluíu.

Descargar todas as imaxes