As fontes de Aragón, de azul polo Día Mundial da Infancia
O Concello de Vigo súmase á celebración do Día Mundial da Infancia este xoves, 20 de novembro, iluminando de azul as fontes da rúa Aragón, a petición de UNICEF Comité Galicia, que acaba de lanzar a campaña "Acéndete polos dereitos da infancia" coa que busca sumar esforzos para visibilizar e promover os dereitos de todos os nenos, nenas e adolescentes.