Escoitar

O goberno local aprobará este venres o proxecto das Zonas de Baixas Emisións

Abel Caballero destacou o “gran pacto social” do proxecto de Vigo para o acceso ás zonas de baixas emisións “sen a necesidade da imposición de multas” e compara o futuro sistema co actual do Casco Vello.

mércores, 17 dec 2025

A Xunta de Goberno dará luz verde ao proxecto das Zonas de Baixas Emisións de Vigo este venres, coa idea de promover catro áreas da cidade – zona centro, Bouzas, Calvario e Praza de Portugal – cunha nova instalación de sistemas de acceso para o tráfico rodado.

Caballero reafírmase na idea de non compartir o criterio “que Europa elixiu porque expulsa a cidadanía con menor capacidade adquisitiva destas zonas porque non poden comprar un coche eléctrico”. Con todo, o alcalde manifestou que o proxecto de Vigo “é o do consenso social, como no Casco Vello onde está a funcionar desde hai anos un sistema similar”.

Descargar todas as imaxes