Escoitar

Taxistas e Concello facilitan que 200 maiores gocen das luces do Nadal de Vigo

O alcade presentou hoxe, xunto á presidenta e o vicepresidente da Central Radio Taxi, Nuria Fernández e Santiago Oitavén, e a taxista Blanca Vila, a nova edición da iniciativa solidaria para facilitar ás persoas maiores o percorrido polo Nadal da cidade.

mércores, 17 dec 2025

Abel Caballero detallou que a iniciativa solidaria, convertida nunha tradición en Vigo desde 2018, permitirá que 200 persoas maiores percorran de balde a cidade para contemplar a iluminación do Nadal desde os taxis que os trasladan. “Faremos que as persoas maiores gocen do mellor Nadal do mundo”, afirmou.

Nuria Fernández, nova presidenta da Central Radiotaxi, destacou a participación por primeira vez dos profesionais de todas as organizacións do taxi de Vigo e avanzou a colaboración de 40 vehículos, que recollerán aos maiores nas súas respectivas residencias, a partir das cinco da tarde, para que contemplen a decoración de Nadal e visiten a árbore da Porta do Sol.

 

Descargar todas as imaxes