O Goberno municipal avanza na instalación de bancadas no parque Nelson Mandela de Navia
O Concello conta cun importe total de 450.273€ para a reconstrución e transformación do muro. O alcalde explicou que “imos primeiro solucionar a inestabilidade do muro e xerar un espazo de uso”
“Seguimos facendo obras de importancia”, comezou o rexedor, para explicar que mañá comezará a instalación de bancadas no parque Nelson Mandela de Navia, unha obra que ten un investimento total de 450.273€ para a reconstrución e transformación do muro.
O alcalde afirmou que “imos primeiro solucionar a inestabilidade do muro e xerar un espazo de uso”. Na unión, ademais das bancadas, contará cunhas escaleiras que permitirán o acceso peonil directo á parte superior do parque. “Os traballos vanse acabar aproximadamente a finais desta semana e o conxunto da obra debe estar rematada antes de que remate o ano”, explicou, para rematar destacando que “seguimos humanizando e facendo un Vigo mellor”.