O Concello homenaxea ao Celta na humanización de Pablo Iglesias
Abel Caballero desvelou que a rúa contará co “escudo do Celta xunto a unha oliveira de 102 anos”, nunha mostra de “afectividade e afecto polo Celta”.
“Estamos acabando a humanización da rúa Pablo Iglesias, que chega xustamente ata diante do estadio de Balaídos”, iniciou o seu relato o rexedor, explicando que “a última actuación é unha rotonda na que lle facemos unha homenaxe aos 100 anos do Celta de Vigo”. Abel Caballero desvelou que contará co “escudo do Celta xunto a unha oliveira de 102 anos”, nunha mostra de “afectividade e afecto polo Celta”.
A humanización de Pablo Iglesias abrangue a marxe dereita da rúa, desde o seu inicio ata o número 24, e conta cun orzamento de case 1.289.000 euros. A actuación conta coa mellora integral da rúa, con ampliación de beirarrúas e “conservando a maior parte das prazas de aparcamento”. Tamén se contemplou a introdución de xardineiras lineais, rede de rego, novo mobiliario e sinalización. Ademais, xa se executou a renovación das redes de saneamento, abastecemento e drenaxes así como a nova iluminación pública con sistema LED.