Escoitar

Vigo é a cuarta cidade de España con menor desigualdade

O estudo da Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA) sitúa a Vigo moi próxima aos primeiros postos nos que están Xixón, Zaragoza e Valladolid. O alcalde celebra que Vigo sexa unha das grandes cidades con menos desigualdade.

venres, 12 dec 2025

FEDEA publicou o seu traballo sobre a renda persoal nos municipios españois e a súa distribución nos anos 2021 e 2022 no que Vigo aparece como a cuarta cidade con menos desigualdade de España.

Caballero trasladou o dato e celebrou que a cidade estea entre os municipios con menor desigualdade dos máis grande España, moi próximo ao top 3 encabezado por Xixón, Zaragoza e Valladolid.

Para este estudo FEDEA utiliza o índice de Gini para a medición da desigualdade. “Un estudo moi ben feito”, subliñou o alcalde.

Segundo a clasificación, as grandes cidades máis desiguais serían Madrid, Málaga e Alicante.

Descargar todas as imaxes