Escoitar

O Goberno local licita as obras de mellora paisaxística e ambiental do Casco Histórico de Bouzas

Abel Caballero explicou que se crearán "espazos verdes con zonas axardinadas dentro do casco histórico e a renaturalización do litoral con novas árbores e vexetación no paseo”. Tamén se aproba a licitación da estratexia de promoción dixital.

venres, 12 dec 2025

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a licitación das obras do proxecto de mellora paisaxística e ambiental do Casco Histórico de Bouzas, que se realiza dentro do Plan de Sostibilidade Turística. O proxecto conta cun orzamento de 401.136,89 €.

Entre as actuacións previstas inclúese a creación de espazos verdes con zonas axardinadas dentro do casco histórico e a renaturalización do litoral con novas árbores e vexetación no paseo. O importe total do plan é de 2 millóns de euros no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado cos fondos europeos Next Generation EU do Ministerio de Industria e Turismo.

Na mañá de hoxe, tamén se validou a licitación da estratexia de promoción dixital do Casco Histórico de Bouzas e as festas culturais, ás que se adica un orzamento de 50.000 euros. Incorpora a creación dunha páxina web específica para o acceso a recursos e servizos; o desenvolvemento de recursos dixitais para recreacións de patrimonio natural, cultural e inmaterial e, por último, o plan de marketing e dinamización da festa da Brincadeira.

O Plan de Sostibilidade tamén incorpora o unha nova xestión de residuos; unha nova iluminación, artística e funcional con solucións sostibles que minimicen o consumo enerxético; a humanización da rúa Pazo, que se encontra en marcha e que primará o tránsito peonil e a renovación de saneamento e abastecemento e, tamén, a ampliación da rede de conectividade e sensórica do Concello, para a incorporación dos rexistro de parámetros medioambientais.

Auditorio Mar de Vigo

A Xunta de Goberno deu luz verde á convocatoria de subvencións para as actividades do Auditorio Mar de Vigo durante o año 2025. Caballero deu conta da adxudicación de 390.000 euros para financiar 34 actuacións organizadas nunha contedor cultural que “foi unha revolución na cidade”.

 

Descargar todas as imaxes