A Orquestra Vigo 430 despregará un programa con seis concertos en 2026
A Orquestra Vigo 430 despregará en 2026 seis concertos de música sinfónica protagonizados por intérpretes galegos e internacionais, segundo destacou este luns o alcalde ao presentar, co concelleiro de Cultura e a xerente da formación, o programa que se desenvolverá ao longo do primeiro semestre do próximo ano.
Abel Caballero destacou hoxe o significado da Orquestra Vigo 430 “como forma de facer unha gran orquestra sinfónica baseada na capacidade do profesorado e alumnado do Conservatorio Superior de Música” e “unha alimentación de abaixo a arriba e unha forma extraordinaria de seguir xerando expectativas para os músicos que empezan a adentarse” nos concertos .
O alcalde incidiu na transcendencia de contar cunha orquestra sinfónica sen pagar a grandes fichaxes externas, como na Coruña e Santiago que reciben millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.
A xerente da Orquestra Vigo 430, María Alonso, explicou que o programa deseñado para a nova tempada “é unha mestura de concertos sinfónicos, de cámara, de música barroca e contemporánea “ para atender a todos os públicos. Destacou a participación de intérpretes femininas.
Programa
. 25 de xaneiro. 12.00 horas. Auditorio Martín Códax. “Paisaxes soñadas”.
. 31 de xaneiro. 20.00 horas. Museo Marco. “Momentos rituais”.
. 14 de febreiro. 20.00 horas. Auditorio Afundación. “Do íntimo ao infinito”.
. 20 de marzo. 20.00 horas. Teatro García Barbón. “Camiños da alma”.
. 18 de abril. 20.00 horas. Concatedral. “”Ecos e travesías”.
. 29 de maio. 20.00 horas. Concatedral. “Metamorfoses barrocas”.