Escoitar

O Goberno de Vigo retoma o martes 13 de xaneiro as visitas guiadas á depuradora do Lagares

O Concello organiza todos os martes de 2026, a partir do 13 de xaneiro, visitas guiadas á depuradora do Lagares destinadas a que cidadanía de Vigo coñeza o funcionamento dunha "obra excepcional”, segundo remarcou Abel Caballero.

luns, 15 dec 2025

O alcalde lembrou este luns o papel da concelleira e deputada Elena Espinosa, durante o seu período como ministra, na construción da estación depuradora do Lagares que contou coa achega de 100 millóns de euros por parte do Goberno central.

Caballero sinalou que o programa das visitas está dirixido a familias, asociacións, colectivos e centros educativos de Vigo porque “merece a pena ver o proceso da depuración da auga e as tecnoloxías que se se utilizan”. Cada martes un grupo de 25 persoas, previa anotación no servizo 010, percorrerán as instalacións durante unha hora e media.

O rexedor anunciou que as visitas guiadas estenderanse á potabilizadora na que se investiron 25 millóns de euros e que, ademais de dar servizo a Vigo, atende ás necesidades de Cangas, Moaña, Redondela e a unha pequena parte de Mos. “Queremos que a cidadanía saiba que temos o ciclo da auga para unha auga de beber” de calidade e que “somos capaces de facer unha boa distribución e que cando a auga vaise polo desague vai á depuradora para convertela en impoluta que se verte á ría. É o ciclo ecolóxico da auga marabillosamente feito desde Vigo”, afirmou. 

Descargar todas as imaxes