mércores, 17 dec 2025
O alcalde informou de que haberá dous espectáculos de rúa para dar o pistoletazo de saída a toda a programación do primeiro semestre de VigoCultura. O Auditorio Municipal acollerá dúas estreas e una representación teatral internacional.
mércores, 17 dec 2025
A tradicional cita do Nadal de Vigo cambia a data de celebración pola previsión de choiva para este sábado día 20. Nesta décimo quinta edición haberá dúas modalidades: papanoelada estática en Navia e a clásica, que discorre pola cidade.
mércores, 17 dec 2025
Abel Caballero destacou o “gran pacto social” do proxecto de Vigo para o acceso ás zonas de baixas emisións “sen a necesidade da imposición de multas” e compara o futuro sistema co actual do Casco Vello.
mércores, 17 dec 2025
A Xunta autorizou onte o proxecto das obras de humanización do acceso á Ermida da Guía. Caballero lembrou que o Concello “esperou meses” pola aprobación deste trámite da administración galega.
mércores, 17 dec 2025
Abel Caballero destacou este mércores, na asemblea organizada para conmemorar o 50 aniversario das eleccións sindicais de 1975 da Unión Comarcal de Comisión Obreiras, a “extraordinaria” traxectoria sociopolítica e laboral do sindicato.
mércores, 17 dec 2025
O alumnado do CPR Atlántica recibiu este mércores ao alcalde vestidos cun pixama de Nadal. Os escolares ensinaron a Abel Caballero os traballos manuais sobre o Nadal de Vigo cos que decoraron as instalacións do centro educativo. O rexedor animounos a estudar e a gozar destas festas. O centro concertado foi Vigués Distinguido no ano 2019.