A XXI edición de Vigolandia desprega no IFEVI grandes inchables e animacións infantís
O Instituto Feiral de Vigo acollerá do 26 ao 30 de decembro a vixésimo primeira edición de “Vigolandia”. Despregará sete grandes inchables, así como unha área de superconstrucións, unha ponte tibetana e unha tirolinatir, ademais do certame de pintura “As luces non Nadal”. O alcalde destacou os compoñentes sociais, de lecer e de conciliación da iniciativa lúdica.
Abel Caballero presentou este martes a nova edición de Vigolandia que, durante cinco días ofrecerá no Instituto Feiral de Vigo unha ampla oferta de actividades de lecer para nenas e nenos de 6 a 13 anos. O alcalde destacou a participación de 4.500 escolares de 41 centros de Vigo no certame de pintura que ten por tema central a interpretación do Nadal en Vigo, con especial atención ás luces que se despregan na cidade.
O xerente de IFEVI, Arsenio Prieto, tras agradecer a colaboración do Concello de Vigo, recalcou a vertente social da iniciativa lúdica coa recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros que posteriormente son entregados a unha ONG de Vigo, así como a instalación dos mellores inchables de España.
O venres 26 Vigolandia permanecerá aberta de 16.00 a 20.00 horas e os días 27, 28, 29 e 30 desde as 12.00 da mañá ás 20.00 horas da tarde.
Novidades
Os 22.000 metros de Vigolandia contarán cos inchables:
. Xtrem Run, de máis de 500 metros para nenos e nenas a partir de 7 anos.
. Wipe Run, de 145 metros. A partir de 8 anos.
. Wipe Out, de 70 metros. A partir de 6 anos.
. Despliador de 37 metros. A partir de 6 anos.
. Piña rotativa Bob Esponxa con tobogán. De 6 a 13 anos.
. Tobogáns.
. Infantís minis.
A estas atraccións súmase unha ponte tibetana de 50 metros que se une a unha tirolina de 53 metros. Ademais, haberá láser tag batallas, un trenecito, canchas deportivas, circuíto correcorre, circuíto de educación viaria, xogos de mesa, ademais de animacións musicais, xogos de mesa educativos, maquillaxe facial, animación con personaxes infantís, obradoiros de minichefs, mesas de billar e tenis de mesa.