O Concello desprega ata o 6 de xaneiro un punto lila de información na Praza de Compostela
O Concello manterá na Praza de Compostela, desde este martes ata o día 6 de xaneiro, un punto lila de información e prevención do acoso sexual e a violencia machista. Estará atendido por catro profesionais especializadas, segundo avanzou o alcalde.
Abel Caballero lembrou que no punto lila instalado na Praza de Compostela ademais de facilitar información sobre violencia machista a demanda das persoas que o demanden, proporcionarán a atención adecuada ás mulleres vítimas. “Se é preciso actívase inmediatamente o protocolo para acompañar, informar, axudar e derivar ao sitio máis adecuado ás persoas que fosen vítimas da violencia”, recalcou.
Horarios
. De luns a mércores, de 20.00 a 00.00 horas.
. De xoves a domingo, de 20 a 1 da madrugada.
. 24 decembro: de 17 a 20 horas e de 23:30 a 2:00 horas.
. 31 de decembro: horario de Noiteboa ampliado ata as 4 da mañá.
. 5 xaneiro: de 20.00 horas ata as 4 da mañá.