O Goberno local organiza actividades de igualdade para a conciliación familiar no Nadal
Dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos, os campamentos desenvolveranse nas Oficinas municipais de distrito de Teis, Bouzas e Saiáns durante as vacacións escolares de Nadal.
O alcalde informou este luns das actividades lúdicas e formativas previstas para as nenas e nenos durante o período non lectivo do Nadal que ofrecen “divertimento formativo en igualdade e conciliación”.
As actividades previstas fomentan a igualdade de nenas e nenos e a resolución pacífica de conflitos e, amais, contribúen a eliminar estereotipos de xénero, favorecendo a visibilización das mulleres nos distintos campos da sociedade.
As nenas e nenos poderán de entre 3 e 12 anos poderán participar nas Oficinas Municipais de Distrito de Teis, Bouzas e Saiáns, en horario de 9:30 a 13:30 horas desde o vindeiro sábado, 20 de decembro, ata o luns 29 de decembro. Non é necesaria inscrición previa e as familias poderán deixar aos nenos todo o tempo ou soamente durante o tramo horario que precisen.