Avanzan as obras da cuberta da bancada do campo de fútbol de Bouzas
O alcalde cifrou en máis dun millón de euros os investimentos que están en marcha nos campos de fútbol e instalacións deportivas.
O campo de fútbol Baltasar Pujales xa conta cunha nova cuberta instalada e as obras avanzan conforme ao previsto. Un investimento de 300.000 euros do Goberno local que tamén inclúe nova iluminación e renovación das canalizacións para a recollida de augas do campo. Caballero lembrou que tamén se renovaron os vestiarios este ano e que no 2019 cambiouse o céspede por un importe de 367.000 euros.
Do mesmo xeito están a progresar tamén as obras no campo de fútbol de Samil, coa renovación da cuberta. Este tipo de obra tamén se está a desenvolver no pavillón de Travesas, no pavillón de Bembrive e no campo de fútbol de Navia - neste último xa está rematada -.