Escoitar

O Concello recibe a autorización da Xunta para continuar coas obras de acceso á Ermida da Guía

A Xunta autorizou onte o proxecto das obras de humanización do acceso á Ermida da Guía. Caballero lembrou que o Concello “esperou meses” pola aprobación deste trámite da administración galega.

mércores, 17 dec 2025

Abel Caballero lembrou que a obra da Guía, agora desbloqueada, é unha das que reclamou á Xunta pola falta de autorización para poder continuala. Tamén sinalou que a pesar das afirmacións dos responsables da Xunta sobre a existencia da autorización para as obras, esta non existiu ata onte. “Acaban de dárnola onte porque o urxín”, recalcou. 

Amais, lembrou que entre as obras paradas pola Xunta atópanse as ramplas de Gran Vía, así como o reforzo da Praza do Rei e o túnel de Elduayen. "Levamos meses esperando as autorizacións", lamentou

Descargar todas as imaxes