O Concello decreta dous días de loito oficial polo falecemento dun bombeiro en acto de servizo

sábado, 25 mai 2024

O alcalde vén de trasladar o pésame á familia e amizades do bombeiro que perdeu a vida este sábado nun accidente laboral ao derrubarse parte da cuberta no exterior do edificio no que se atopaba prestando servizo. A cidade estará de loito oficial este sábado e mañá domingo e as bandeiras ondearán a media hasta en sinal de dor polo pasamento deste traballador municipal. O Concello amosa o seu recoñecemento a todo o corpo de bombeiros de Vigo polo labor que desenvolven cada día. O alcalde e o goberno municipal suspenden este sábado a súa axenda pública.

O alcalde recibe aos novos xefes da Policía Nacional

xoves, 1 feb 2024

Abel Caballero recibiu na Alcaldía aos novos xefes da Policía Nacional. O alcalde e os comisarios mantiveron unha xuntanza cordial na que abordaron distintas cuestións relativas á seguridade na cidade. Deste xeito, José Antonio Tendero ocupa o cargo de xefe de Operacións, Alejandro Pedro Arnay é o xefe da Brigada Local da Policía Xudicial e Manuel Díaz-Faes como novo xefe da Brigada Local de Seguridade Cidadá. Na xuntanza tamén estivo presente a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño.

As fontes de Aragón celebran de azul o Bicentenario da Policía Nacional

venres, 12 xan 2024

“É a nosa homenaxe á celebración de 200 anos de existencia da Policía Nacional, unha institución imprescindible na cidade”, apuntou o rexedor. Desde este venres, 12 de xaneiro, e ata o domingo día 14, as fontes de Aragón tinguiranse de azul para conmemorar este aniversario. Amais, a pantalla situada no farol de Urzáiz, empregada con motivo do Nadal, estará proxectando o emblema da Policía Nacional ata que se apague porque “queremos que estea alí, no corazón da cidade. É o noso recoñecemento polos douscentos anos e o seu extraordinario traballo en Vigo”.

Vigo recibe a Mención Honorífica nos Premios Nacionais de Comercio Interior 2023

martes, 19 dec 2023

O Ministerio de Economía, Comercio e Empresa recoñeceu o traballo do Concello polas actuacións de renovación urbana comercial. O alcalde amosou a súa satisfacción pola Mención Honorífica por parte do Goberno de España pola potenciación do comercio e mercados “coa atracción de millóns de visitantes durante o Nadal”. Con motivo destas festas, o goberno local vén de aprobar a ampliación do horario comercial nos servizos de restauración, hostalería e ocio a madrugada do 1 e 6 de xaneiro.

O alcalde recibe aos policías que inician as súas prácticas na cidade

mércores, 28 xuñ 2023

Abel Caballero mantivo un encontro este mércores cos 21 novos axentes que se incorporan á Policía Local no seu período de práctica profesional. O rexedor trasladoulles o seu “apoio e confianza no papel de acción e formación” que van desenvolver e recoñeceu a complexidade do seu traballo, unha tarefa que valora a cidadanía, sinalou, e que contribúe á “vertebración e cohesión de Vigo. Ides facer unha tarefa moi importante”.

O alcalde pon en valor a responsabilidade social do labor policial

venres, 28 abr 2023

Abel Caballero participou este venres na apertura das II Xornadas Saudepol de promoción da saúde mental e de prevención do suicidios entre os integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade e Emerxencias, que se celebran na Comisaría de Vigo-Redondela. Na súa intervención, o rexedor abordou a necesidade de aprender a “compartir a carga de tensión” asociada á responsabilidade do labor que desenvolven os axentes especialmente nos momentos complexos.

O alcalde felicita aos axentes da Policía Local que realizaron unha intervención de risco

venres, 24 mar 2023

Abel Caballero recibiu este venres a cinco axentes que veñen de desenvolver unha actuación policial con perigo para a súa integridade física ao tratarse dunha tentativa de homicidio na que detiveron a catro persoas e na que se interviñeron drogas e atoparon unha gran cantidade de obxectos nunha vivenda, posiblemente subtraídos. O rexedor agradeceu o labor da Policía Local e puxo en valor a profesionalidade e rapidez dos axentes na súa intervención.