A Policía Local de Vigo forma ás taxistas en soporte vital básico
O alcalde felicitou hoxe ás taxistas que participan no curso de formación estratéxica en soporte vital básico polo traballo que desenvolven en favor da cidadanía. Abel Caballero destacou os coñecementos que adquiren as taxistas nas tres sesións dirixidas polos dous policías locais que son responsables da actualización permanente de todo o persoal de axentes de Vigo. As profesionais adquiren formación nos protocolos que utiliza a Policía Local de Vigo para atender á cidadanía nunha situación de emerxencia.