martes, 24 mar 2026
Esta obra incorporarase á exposición permanente da colección municipal de arte galega, unha das máis importantes de arte contemporánea de Galicia. A partir de maio, estará instalada no primeiro andar da Casa das Artes.
martes, 24 mar 2026
O operativo incluirá a retirada de residuos e a recolocación da area acumulada nos muros e escaleiras, trasladándoa cara á zona de explanada. Empregarase maquinaria especializada composta por dous tractores, unha pala retroexcavadora e unha motoniveladora, ademais da intervención de oito operarios que garantirán a eficacia dos traballos.
martes, 24 mar 2026
Para garantir unha mellor mobilidade durante as mañás e as tardes do venres, sábado e domingo reforzarase o servizo nas liñas C1 e L5 e a liña especial “Reconquista”. O servizo nocturno da liña C1 reforzarase as noites do venres e do sábado coa incorporación dun autobús adicional. As liñas N1 e N4 manterán o seu servizo habitual durante toda a fin de semana.
martes, 24 mar 2026
O alcalde avanzou que en caso de precisalo, o Concello apoiará ao club de basket feminino para que a fase de ascenso se celebre en Vigo. A Xunta de Goberno tamén concedeu unha achega de 6.000 euros á Fundación Carlos Casares.
martes, 24 mar 2026
O pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou hoxe, por unanimidade, a proposta de Abel Caballero para nomear Vigués Distinguido a título póstumo ao xornalista Fernando Franco, en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional e á súa profunda vinculación coa cidade.
martes, 24 mar 2026
O alcalde recibiu no Concello a alumnado e profesorado participante nun proxecto Erasmus+ do IES Coruxo, do que forman parte estudantes procedentes de Francia, Portugal e Italia xunto ao alumnado vigués. Durante o encontro, o rexedor deu a benvida á cidade aos participantes e puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas para promover o intercambio cultural, a mobilidade educativa e a conciencia ambiental, nun proxecto centrado na sustentabilidade do patrimonio mariño e costeiro. Caballero destacou ademais o papel de Vigo como cidade aberta e comprometida coa educación e co medio ambiente.