Escoitar

Abel Caballero recibiu a alumnado Erasmus+ do IES Coruxo nun encontro institucional no Concello

O alcalde recibiu no Concello a alumnado e profesorado participante nun proxecto Erasmus+ do IES Coruxo, do que forman parte estudantes procedentes de Francia, Portugal e Italia xunto ao alumnado vigués. Durante o encontro, o rexedor deu a benvida á cidade aos participantes e puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas para promover o intercambio cultural, a mobilidade educativa e a conciencia ambiental, nun proxecto centrado na sustentabilidade do patrimonio mariño e costeiro. Caballero destacou ademais o papel de Vigo como cidade aberta e comprometida coa educación e co medio ambiente.

martes, 24 mar 2026
Descargar todas as imaxes