A Corporación Municipal recoñece a Fernando Franco como Vigués Distinguido a título póstumo
O pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou hoxe, por unanimidade, a proposta de Abel Caballero para nomear Vigués Distinguido a título póstumo ao xornalista Fernando Franco, en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional e á súa profunda vinculación coa cidade.
O alcalde remarcou a traxectoria de Fernando Franco como “gran cronista” da cidade, así como o seu traballo xornalístico no diario decano de España, Faro de Vigo, desde o ano 1981.
“É unha institución. Un xornalista de rúa que viviu intensamente e que narrou e contou a evolución de Vigo”, afirmou ao lembrar que e o xoves entregarase o nomeamento como Vigués Distinguido na gala que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.
Recoñecemento
O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Carlos López Font, detallou que a distinción a título póstumo concedida a Fernando Franco, falecido o pasado 16 de marzo, pon en valor a “destacada” carreira xornalística durante 45 anos que lle converteu nun dos cronistas máis destacados da cidade por deixar “unha pegada indeleble da súa vida social, cultural e cidadá”. Incidiu en que o “labor profesional, unido á súa calidade humana” converteulle nunha persoa profundamente querida e respectada pola cidadanía de Vigo”.
O concelleiro incidiu en que o galardoado, “considerado en vida como unha auténtica institución de Vigo”, destacou pola súa capacidade para contar historias, así como pola súa proximidade coa rúa e pola súa sensibilidade para reflectir a realidade cotiá”. Remarcou que, ademais de ser unha “luz informativa” en etapas craves de Vigo”, realizou unha achega decisiva para difundir e manter estes movementos na memoria dos vigueses.
Medallas da Cidade
O xoves outorgaráselle a Medalla de Ouro ao Colexio María Inmaculada-Hermanas Carmelitas polos seus 100 anos contribuíndo a educación de xeracións de vigueses e viguesas, creando unha cidadanía responsable e comprometida coa sociedade.
José García Costas recibirá outra das Medallas pola súa relevante traxectoria empresarial e a súa contribución ao desenvolvemento económico da cidade, a través da súa proxección internacional no sector naval.
Viguesas e Vigueses Distinguidos
Estas distincións recoñecen en diversos ámbitos ás persoas e entidades, “ao Vigo de hoxe en tódolos ámbitos”. No eido da educación outorgase a unha entidade educativa con 50 o máis anos de permanencia na cidade, este ano son o IES Alexandre Bóveda e ao IES Álvaro Cunqueiro.
Nas entidades de carácter social premiase á Fundación Menela, que leva 50 anos atendendo a persoas con trastorno do espectro autista, a á Asociación Vida Digna polos seus 20 anos axudando á comunidade co seu comedor social e asistindo a miles de familias. De forma individual, outorgáselle a Rosa Fontaíña pola súa loita contra a violencia de xénero sendo pioneira na cidade; e tamén a Gonzalo Davila polo súa labor ao fronte de Caritas.
As entidades de carácter empresarial que foron galardoadas son: Disgobe polo seu 50 aniversario como distribuidora de alimentación e bebidas; Ardora, a empresa viguesa que realiza reparacións de buques en todo o mundo e cumpriu 50 anos; e Denso Vigo, especializado en sistemas de aire acondicionado con 20 anos no sector. Tamén a Asociación de Representantes do Comercio fundada en 1954, que representa os intereses dos profesionais da venda
No ámbito deportivo premiouse a Run Run Vigo por promover o running, ao Clube Deportivo Nieto polo seu 25 aniversario, ao Clube Deportivo Bembrive Fútbol Sala por promover o deporte na parroquia, sobre todo o feminino, e ao Gran Peña F.C. polo seu centenario, converténdose nun histórico do fútbol local e autonómico. Individualmente, Alfonso Gonzalez recibe o galardón pola súa labor fronte ao Clube Deportivo Alerta Navia.
A Coral Polifónica de Candeán recibe a distinción no ámbito cultural, cumpre 50 anos e é membro de ACOPOVI desde a súa fundación. E a José Manuel Nogueira Rey pola súa traxectoria na defensa e a promoción da música e o baile galego.
E por último, a título póstumo, ao pintor Mingos Teixeira pola súa carreira creativa e docente durante máis de catro décadas. Ao profesor e director da Escola de Comercio, Patricio Sánchez Bello, responsable da implantación do Grao en Comercio en 2009. E a Gerardo González Costas, “Gerardiño”, polo seu compromiso coa inclusión das persoas con discapacidade a través do deporte e fundador de DisCamino.